AD Sanjoanense (hóckey a patíns)
Aparencia
AD Sanjoanense | |
---|---|
Cidade | São João da Madeira |
Fundado | 1924 |
Na rede | |
http://www.ads.pt |
A sección de hóckey a patíns da Associação Desportiva Sanjoanense é un club de hóckey a patíns portugués da localidade de São João da Madeira. A Associação Desportiva Sanjoanense foi creada en 1924. Os principais logros da sección chegaron na tempada 1985-86, conseguindo o seu único título na tempada 1985-86, ao gañar na final da Recopa de Europa fronte ao SC Portugal nunha final a dobre partido por 3-3 e 9-6. Esa mesma tempada disputou a Supercopa de Europa, perdéndoa fronte ao FC Porto por 9-3 e 4-3. En 1985 disputou a final da Copa de Portugal, perdendoa contra o FC Porto.
Palmarés
[editar | editar a fonte]- 1 Recopa de Europa: 1985-86.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Hóckey a patíns |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio oficial (en portugués)